Partido entre dous equipos que non se xogaban nada, pero que demostraron que querían gañar. A primeira parte, a pesar de adiantarnos no marcador no minuto inicial, os nosos non atoparon unha posición que lles permitise estar cómodos.
Dominou o Alondras, aínda que sen ocasións claras, e tentamos pechar o partido ao contragolpe. Cando parecía que se chegaría ao descanso co 1-0, un centro-chut envelenouse e acabou dentro da rede da portería local para o 1-1.
Segundo tempo
A volta de vestiarios, cos cambios nos pabellonistas de Amills e Raúl, e un reaxuste táctico, o encontro estivo equilibrado. Cando estabamos no noso mellor momento, unha xogada desafortunada acabou no 1-2.
O Pabellón seguiu metido no partido, obtendo o empate, e cando parecía que podían remontar, con tres ocasións moi claras, os visitantes gañaron na última xogada do partido. Mesmo resultado e mesmo desenlace que na primeira volta.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF "B" (2): Edgar, Dámaso, Manuel, Marcos, Unai, Aarón (Raúl, m.46), Iago Outeiriño (David, m.75), Sergio, Gabriel Outeiriño, Peke (Amills, m.46) e Fernando (Saúl, m.75).
Alondras CF (3): José, Iván, Estévez (Xabier, m.77), Diego, Antón, Leonardo (Iker, m.65), Martín (Breixo, m.82), Samuel, Lope, Raúl e Brais.
Árbitro: Casanova Cudeiro, asistido nas bandas por Fernández Otero e Alonso Sánchez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Manuel (m.37) nos locais e a Iván (m.60) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.1: Gabriel Outeiriño. 1-1, m.43: Samuel. 1-2, m.70: Martín. 2-2, m.78: Raúl. 2-3, m.90: Breixo.
Incidencias: Partido da trixesimoterceira xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo Municipal Miguel Ángel-Os Remedios de Ourense.