Primeira Galicia

Derrota do Senior, que eleva a catro as xornadas sen gañar

O Pabellón regresou de vacío (3-1) da súa visita ao Sporting Carballiño no campo da Uceira, elevando así a catro as xornadas que leva o equipo sen gañar e sumando soamente un punto de doce posibles.

Deste xeito os branquiverdes seguen en postos de descenso con 19 puntos no Grupo 4º da Primeira Galicia e na próxima xornada teñen un partido vital contra o Atlético Vilariño (20 puntos) no campo Miguel Ángel-Remedios.

En terras carballiñesas os locatarios consegurían adiantarse ao cuarto de hora nun tramo de partido no que o balón estivo máis tempo no campo pabellonista con varias ocasións de perigo. A partir da media hora os branquiverdes empezarían a acercarse ao área local avisando cun disparo de  CarlosNuman

A escasos minutos do remate da primeira metade o debutante Iván Cabrera conseguía a igualada cun certero remate coa testa lonxe do alcance de Samuel. Con empate 1-1 chegaríase ao descanso.

Segundo tempo

Os primeros compases do segundo acto marcarían o devenir do partido. Aos dous minutos os carballiñeses consegurían adiantarse no marcador cun tanto en propia meta de Araújo. Cinco minutos máis tarde Iván Cabrera foi expulsado polo colexiado nunha acción moi protestada polos pabellonistas.

Cun home menos e co resultado adverso os branquiverdes acabarían encaixando o terceiro tanto que pecharía o partido nunha acción culminada por Bulicas.

FICHA TÉCNICA

Sporting Carballiño (3): Samuel, Juanpe (Adrián Pol, m.46), Álex Mosquera (Martín Pérez, m.46), Champi (Chivas, m.74), Robin (Josep, m.74), Camba, Óscar, Diego Viñas, Dilan, Pablo e Noel (Bulicas, m.46).

Pabellón CF (1): Julián, Aldán (Ron, m.61), David, Iván Cabrera, Álvaro (Joel, m.68), Araújo, Sergio, Cacha (Carid, m.61), Numan (Caseiro, m.56) e Carlos.

Árbitro: Rodríguez Grande, asistido nas bandas por Rodríguez Pires e Cabano Docasar (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Adrián Pol (m.12) e Diego Viñas (m.72) nos locais. Álvaro (m.22), Sergio (m.62), Pancho (m.85) e Araújo (m.89) viron cartón amarelo nos visitantes, que sufriron a expulsión con vermella directa de Iván Cabrera (m.52).

Goles: 1-0, m.15: Pablo. 1-1, m.40: Iván Cabrera. 2-1, m.47: Araújo, en propia meta. 3-1, m.69: Bulicas.

Incidencias: Partido da xornada vinte e catro da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo da Uceira en O Carballiño.