O Calasanz, fóra matematicamente dos postos de ascenso, levou a iniciativa do encontro, diante dun conxunto pabellonista cun número de xogadores moi limitado e que propuxo un partido á contra. O choque foi igualado e sen grandes ocasións e con pouco ritmo de xogo.
Na segunda metade adiantáronse cunha boa combinación e estratexia cun remate de Mexuto e seis minutos máis tarde este mesmo xogador anotaría o segundo. O equipo seguiu loitando ata o final, buscando un gol que nos metese no partido, pero non puido ser. Nos últimos cinco minutos o meta suplente Darío tivo que entrar por Unai xa que o equipo soamente tiña dous recambios no banquillo.
FICHA TÉCNICA
CD Calasanz (2): Manuel (Cristian, m.46), Pedro, Hugo, Mouro, Rojo (Prieto, m.63), Naya, Miguel, Andrés, Mexuto (Nicolás, m.77), Regueira (Hadrian, m.77) e Mejuto.
Pabellón CF “B” (0): Cristian, Unai (Darío, m.85), Pablo, Marcos, Juan Pablo, Aarón (Peke, m.46), Sergio, Miguel Outeiriño, Fernando, David e Amills.
Árbitro: García Rodríguez, asistido nas bandas por Cusset Ramírez e Cedeira Méndez (Comité Galego-A Coruña). Amonestou a Juan Pablo (m.31) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.60: Mexuto. 2-0, m.74: Mexuto.
Incidencias: Partido da trixesimosegunda xornada da Liga Nacional Xuvenil. Campo San Pedro de Visma na Coruña.