Derrota clara contra un Oviedo superior

Partido disputado, a mañá do domingo, no “Miguel Ángel – Os Remedios” entre o Pabellón C.F. e o Real Oviedo e con unha gran cantidade de público.

Pabellon CF_Partido
Pabellon CF_Partido

Comezou o encontro con dominio dos visitantes, posesións longas e finalizando cada acción ofensiva, o que impedía que os nosos colleran ritmo de xogo. No minuto 9 unha boa combinación en banda dereita remata cun centro lateral que o seu dianteiro Mario Fuente aproveita para facer o 0-1.

Case sen tempo para que o noso equipo o asimilara, unha nova combinación dos visitantes deixa só diante do porteiro outra vez a Mario Fuente que define para facer o 0-2.

Cun resultado moi adverso os nosos tentaron levantar o ánimo e igualouse a posesión, sen crear ocasións de gol.

O noso míster, con tres trocos no descanso, tentou cambiarlle a cara ó partido. Comezamos a combinar máis e crear alguna ocasión. No minuto 70, penalty o noso favor, que Raúl aproveita tirando a esquerda do porteiro.

Co 1-2 no marcador os rapaces comenzaron a animarse e arriscar máis, pero nun contraataque mal defendido, o número 24, Pablo Ares, que entrara no campo uns intres antes, fixo o 1-3. Un gol que matou o partido.

Un querer e non poder dos nosos que ainda encaixaron un gol máis, de Pablo Ares.

Unha derrota que non debe desanimar ó equipo. A seguir traballando.

 

#Serdopabemola