El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

LIGA GALEGA CADETE

Caeu co Salegueiriños nos Remedios (0-2)

P1990401

Sexta derrota consecutiva para o Pabellón "B" da Liga Galega Cadete despois de caer no campo de Os Remedios contra o Salgueiriños (0-2), no que podemos catalogar de excesivo castigo para os de Miguel Alonso. Os pabellonistas estiveron mellor que o rival durante gran parte do partido e tiveron ocasións para que o marcador fose diferente contra un rival que loita polo ascenso.

Ao final dos primeiros corenta minutos o marcador non se movera e aos quince minutos da segunda metade as cousas puxéronse en contra cun gol en propia meta dos nosos. Con tempo por diante intentouno o cadro local pero non houbo fortuna no remate. Xa co partido rematado chegaría o segundo gol dos visitantes nunha contra.

Caeu co Salegueiriños nos Remedios (0-2)