Fútbol 8-Segunda Benxamín
Definidos os grupos da Segunda Galicia Benxamín da Fase Final
A pasada fin de semana rematou a primeira fase da Segunda Galicia Benxamín que en base á clasificación dos equipos, dará paso a fase final cun grupo que loitará polo título e outros dous para os Torneos Delegación.
Deste xeito, o Pabellón B, despois de acabar como primeiro clasificado cun pleno de triunfos no Grupo B, terá como compañeiros de viaxe a EDC Verín B, EDC Celanova, CEDC Maceda e procedentes do Grupo A estarán EDC Xinzo C, UD Ourense B, ED Ourense e FC Monforte.
Mentres, o Pabellón Promesas B estará no segundo grupo do Torneo Delegación que constará de sete conxuntos: CD Arenteiro B, Ribadavia Atlético, AD Bosco B -Grupo A- e ACD Polígono, CDC Pereiro B e EF Barbadás B -Grupo B-.