Liga Nacional Xuvenil

0-2 | Vitoria do Xuvenil "A" no derbi para comezar

DOMINGO 08/09/2024 (12:00)  Campo: ALBÁN-COLES (100)

UD OURENSE : 0 – PABELLÓN CF : 2 (0-2)

O Pabellón comezou a competición na Liga Nacional Xuvenil con bo pé ao sumar os tres puntos no derbi capitalino diante do conxunto unionista a domicilio.

A escuadra branquiverde anotou os dous goles na primeira metada, o primeiro deles nun remate coa testa de Mociño (12´) e o segundo (30´) nun man a man de Soriano co meta local despois dun roubo de balón no inicio de saída dos unionistas.

Antes desta acción os de Iván Alonso tiveran dúa acción perigosas en sendos remates de Lucas e Álex Riveiro.

Neses primeiros corenta e cinco minutos os locatarios tiveron máis posesión de balón pero soamente dispuxeron dunha oportunidade (80´) nas botas de Pablo e que desbarataría nunha boa intervención Abraham cando os pabellonistas xa tiñan vantaxe de dous goles.

Soriano asistiu a Mociño no primeiro gol e marcou o segundo

Segundo tempo

Na segunda parte a UD Ourense saiu a por un gol que o metese de cheo no partido, pero foron os branquiverdes quenes puideron incrementar a vatntaxe tras un defectuoso remate de Lamús ao saque duna falta por medio de Soriano.

A medida que pasaban os minutos o partido entrou nunha fase de ida e volta con oportunidades para uns e outros,. a máis clara nun remate ao pao de Álex Riveiro. 

Ao final o marcador non se movería e os tres puntos foron para o Pabellón, que na próxima xornada recibe ao Arousa "B" no Miguel Ángel-Os Remedios.

Os capitans de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

UD Ourense: Xoel, Manuel, Roi (Diego, m.83), Iker (Dapía, m.71), Adrián (Daniel, m.75), Pablo (Roberto, m.46), Viso, Mauro, José, Cristhian e Ricardo (Unai, m.46).

Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Tiago, Joel, Álex Riveiro, Ander, Pablo (Julián, m.75), Soriano, Lucas (Cougil, m.80) e Mociño (Álex García, m.60).

Árbitro: Adam Rodríguez Delgado, asistido nas bandas por Vázquez Álvarez e Jiménez Domínguez Muñiz (Comité Galego-Ourense).,Amonestaron a Viso (m.68) e Manuel (m.86) nos locais e a Gómez (m.68) e Álex Riveiro (m.69) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.12: Mociño. 0-2, m.30: Soriano.