Liga Nacional Xuvenil

0-3 | Tres puntazos para o Xuvenil "A"

SÁBADO 13/04/2024 (18:15)  Campo: LOURAMBAL 2 (150)

PORRIÑO INDUSTRIAL : 0 – PABELLÓN CF : 3 (0-2)

O primeiro equipo xuvenil branquiverde apuntouse unha vitoria de ouro na Liga Nacional ao dobregar a domicilio a un rival directo pola permanencia nun partido de seis puntos. Tanto é así que a igualada a puntos (30) entre ambos equipos despois deste choque favorece na táboa clasificatoria aos pabellonistas.

O partido estivo sempre controlado pola escuadra que adestran Iván Alonso e Brais Silva e o tempraneiro gol de Samuel foi determinante para abrir o camiño dunha importantísima vitoria. A dez minutos para o final da primeira metade Mauro incrementaba a vantaxe.

Segunda parte

Con este panorama o técnico local relevou a catro xogadores nos descanso para intentar revertir a situación. O Porriño buscou un gol que o metese no partido pero os ourensáns estiveron moi ben defensivamente e incluso aumentaron a vantaxe cunha terceira diana de Soriano.

Con algo máis de vinte e cinco minutos por diante os branquiverdes souberon administrar a renda para levarse finalmente os tres puntos e conseguir a segunda vitoria consecutiva por primeira vez nesta tempada.

Na próxima xornada recibirán ao Pontevedra no campo Miguel Ángel-Os Remedios o domingo.

Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral

FICHA TÉCNICA

Porriño Industrial: Tomás (Anxo, m.46), Álex Balado (Rocha, m.46), Iker (Couñado, m.75), Álex Rodríguez, Nacho, Pedro, Ismael, Iago (Xabier, m.46) (Hugo, m.46), Martín, Diego e Jesús. 

Pabellón CF: Abraham, Santi, Lamús, Bugallo (Mociño, m.69), Unai, Mauro (Moure, m.62), Soriano, Machaca, Peke (Ander, m.86), Álex Riveiro e Samuel (Adrián, m.69) (Tiago, m.86).

Árbitro:  Darío Costas Rodal, asistido nas bandas por Fragueiro Bautista e Vilavedra Rodriguez (Comité Galego-Vigo). Amonestou a Diego (m.45) e a Yeray (m.60), segundo adestrador, nos locais e a Santi (m.14), Bugallo (m.42(, Mauro (m.61) e Adrián (m.76) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.4: Samuel. 0-2, m.35: Mauro. 0-3, m.66: Soriano.