El tiempo
sábado. 27.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

1-2 | O Senior rozou o empate co líder no desconto

DOMINGO 17/03/2024 (16:30)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)

PABELLÓN CF : 1 – CD CÓRGOMO : 2 (1-1)

Derrota local diante dun rival que saiu líder en solitario do Grupo 2º da Segunda Galicia dos Remedios coa vitoria e favorecido por outros resultados. Os pabellonistas, que se meten en postos de descenso, tiveron o empate no desconto cun balón ao traveseiro.

Na primeira metade tivo máis balón o conxunto valedorrés ante un cadro local ben situado e tratando buscando algún roubo de balón para sorprender a unha defensa rival bastante adiantada.

Nun saque dende o curruncho chegaría o tanto dos visitantes ao tocar lixeiramente en Aldán para que o balón entrase na portería defendida por Nacho.

Aldán fixo o gol do empate ao fio da media hora de xogo

Non lle perdeu a cara ao partido os de Toño Sanmartín, que igualaron o choque nun balón en diagonal sobre Aldán que este resolveu cun disparo cruzado raso petando no pao e aproveitando o rexeite para martillar: 1-1.

Tivo un par de accións de perigo o Córgomo nas que Nacho estivo atento e tamén a tiveron os branquiverdes cun disparo lateral de Guzmán que o porteiro Pablo desviou con apuros. Con esa igualada chegaríase ao descanso.

Marcos recibiu dous fortes golpes na primeira metade e resentiuse na segunda

Segundo tempo

O segundo acto foi gañando emoción a medida que pasaban os minutos pola incertidume do marcador. O Córgomo apretaba e o Pabellón resistía cun desgaste físico que comezaba a pasar factura.

A escuadra valdeorresa tivo varias ocasións para tomar vantaxe pero os branquiverdes tamén inquietaban nas contras. Sen embargo foi o Córgomo quen acertaría nun disparo de Dani Real despois dun rexeite no área local para colocar o 1-2 a dez minutos do final.

Diego sae ao paso do visitante Dani Real ante a presenza do colexiado

Pero a cousa puido cambiar no último suspiro cando unha falta excutada por Miguel Ángel petou no traveseiro dun batido Pablo evitando que os de Toño Sanmartín devolvensen a igualadade ao marcador.

Na próxima xornada o equipo franxiverde viaxa ata Trives para medirse ao cadro local no campo de O Agro.

Os capitáns de ambos equipos co colexiado do partido

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Nacho, José, Rober, Luis, Mario, Aldán, Sergio, Marcos (Iker Gómez, m.53), Diego (Mael, m.76), Guzmán (Miguel Ángel, m.76) e Dani (Iván, m.62).

CD Córgomo: Pablo, Anxo, Jairo, Sylla, Brais, Real, Rubén, Iván (Kevin, m.76), Jonathan (Donovan, m.61), Manuel (Adrián, m.70) e Brando (Juan Luis, m.76).

Árbitro: Pablo Cid Menor (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Aldán nos locais e a Brais (m.68) nos visitantes, nos que Adrián foi expulsado por dobre cartón amarelo (m.85 e 89).

Goles: 0-1, m.19: Aldán, en propia meta. 1-1, m.28: Aldán. 1-2, m.80: Dani Real.

1-2 | O Senior rozou o empate co líder no desconto