Liga Nacional Xuvenil

Previa | Novo rival directo para o Xuvenil "A"

Porriño Industrial –  Pabellón CF (Lourambal 2; sábado 13, 18:15 horas):

A xornada vinte e nove na Liga Nacional deixa outro partido "directo" para os branquiverdes na loita por manterse na categoría e librar dos posibles arrastres que poida orixinar a caída dalgún equipo galego dende a División de Honra.

A día de hoxe a posición de descenso do Arousa afecta ao Bergantiños, mentres que o Lugo non preocupa xa que arrastraría ao seu segundo equipo, o mesmo que sucede co Coruxo.

É dicir, nestes momentos ocupan os dous postos de descenso directo Valladares (19 puntos) e Boiro (15) e están afectados polo efecto arrastre Coruxo "B" e Bergantiños.

Os branquiverdes (27) afrontan esta saída a Porriño coa mente posta na vitoria nun campo complicado e diante dun Porriño (30) que tamén se xoga bastante.

XA-Porriño (previa) 2
Imaxe do partido da primeira volta no campo Miguel Ángel-Os Remedios

Para este enfrontamento os técnicos Iván Alonso e Brais Silva soamente teñen a baixa de Manu Cougil, o resto da plantilla está operativa.

Os números no Lourambal 2 dos porriñeses son de catro vitorias, dous empates e oito derrotas. Anotaron 18 goles e recibiron 28. Levan catro partidos consecutivos sen gañar nos que obtiveron dúas igualadas e outras tantas derrotas, pero hai que ter en conta que tres deses enfrontamentos foron a domicilio.

No partido disputado na primeira volta no campo Miguel Ángel-Os Remedios os ourensáns venceran 2-0.

Darío Costas Rodal será o colexiado do partido, asistido nas bandas por Fragueiro Bautista e Vilavedra Rodriguez, do Colexio de Vigo.

Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 29.