El tiempo
martes. 28.05.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA OURENSE

Previa | Primeira de cinco finais para o Senior

Soutopenedo CF –  Pabellón CF (O Corgo; domingo 14, 18:00 horas):

Cinco partidos restan para que remate o Grupo 2º da Segunda Galicia na que os branquiverdes (34 puntos) afrontan outras tantas finais nunha situación complicada acrecentada polo inesperado empate da xornada pasada.

Nesta ocasión visitan a un rival (20 puntos) que pese a estar descendido de forma matemática está a dar moita guerra nesta parte final do campionato.

A vitoria é o único válido para os de Toño Sanmartín, que para esta cita a ten as baixas de Marcos, Mael e Berni lesionados; Luis, sancionado, e son dúbidas Madrigal e Miguel Ángel.  Por outra parte, dende o club trataban de pechar este venres -data límite- algunha incorporación para reforzar o plantel para estas cinco finais.

No campo de O Corgo o Soutopenedo acumula tres triunfos, catro empates e seis derrotas. Neses trece partidos anotou 14 tantos e recibiu 27. No enfrontamento da primeira volta no campo Miguel Ángel-Os Remedios os pabellonistas venceran 2-0.

O partido será arbitrado por Hugo Añel Fernández. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 26.

Previa | Primeira de cinco finais para o Senior