3-1 | O Xuvenil "A", segundo, tumba a un gran rival
DOMINGO 13/10/2024 (12:00) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (300)
PABELLÓN CF : 3 – RACING CLUB : 1 (2-0)
Vitoria de gran valor para os branquiverdes diante dun gran rival que demostrou por qué chegaba como líder invicto na cita da sexta xornada da Liga Nacional Xuvenil cun bo ambiente nas bancadas do Miguel Ángel.
Ao descanso os pabellonistas mandaban no marcador 2-0 grazas aos goles de Cougil e Soriano. Nese primeiro tempo os ferroláns sairon moi fortes imprimindo moito ritmo ao partido.
Non se atopaba moi cómodo o Pabellón con esa situación pero pese ao maior asedio do rival a meta de Abrahan apenas pasou por situacións de perigo.
A escuadra local soubo aproveitar as oportunidades que tivo para marcar distancias no marcador. Primeiro foi o tempraneiro tanto Cougil, que enviaba o balón ao fondo da rede despois de roubar a pelota xogada en horizontal pola defensa departamental.
O segundo chegaría avanzado o primeiro acto nunha situación similar cun pase filtrado de Cougil a Soriano para que o "8" local anotase o segundo. Incluso o capitán branquiverde tivo dúas ocasións máis para ampliar a vantaxe, unha cun remate de cabeza que o meta desviou a corner e outro cun disparo ao traveseiro.
No medio de todo eso a única acción perigosa do Racing, menos intenso que na primeira media hora, foi un remate de cabeza que Abraham desviou con acerto.
Segundo tempo
Despois do descanso o Racing saiu a por un gol que o metese de cheo no partido, pero foi Cougil, que xa avisara antes cun balón ao pao, quen fixo un bo gol ao estilo Lamine Yamal a perna cambiada cun chut enroscado fóra do alcance do porteiro departamental Adrián.
O penalti anotado polos visitantes por medio de Joel Tenreiro por unha mans, con moitos minutos por diante, deu moita intriga ao partido cun equipo ferrolán lanzado ao ataque. No tramo final unha xogada enbarullada no área ourensán puxo o corazon nun puño a todos, ao igual que un balón ao treveseiro.
Ao final o marcador non se movería máis e os tres puntos quedaron na casa e o equipo, en zona de ascenso, sitíuase segunda na táboa clasificatoria pola diferenza de goles igualado a 15 puntos con Celta "B" e Racing de Ferrol.
Na próxima xornada o Pabellón recibe o domingo (12 horas) ao Atlético Arteixo, un recén ascendido que pisará por vez primeira o Miguel Ángel.
FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Abraham, Jorge, Lamús, Tiago, André, Ander, Gómez (Martínez, m.81), Cougil, Soriano (Julián, m.81), Youness (Álex Riveiro, m.69) e Mociño (Álex García, m.66).
Racing Club: Adrián, Felipe, Diego Rey, Antón (Neandro, m.61), Daniel, Enrique, Joel Ferreira (Marcos, m.75), Iago (Hugo, m.61), Sergio, Joel Tenreiro (Novo, m.75) e Diego López (Martín, m.52).
Árbitro: Adrián González Rey, asistido nas bandas por Losada Gutiérrez e Cid Seara (Comité Galego-Ourense). Amonestaron ao técnico local Iván González (m.78) e ao xogador visitante Hugo (m.74).
Goles: 1-0, m.5: Cougil. 2-0, m.37: Soriano. 3-0, m.59: Cougil. 3-1, m.66: Joel Tenreiro, de penalti.