3-1 | Nin gota de sorte para o Xuvenil "A"

SÁBADO 24/02/2024 (12:15) Campo: O POTE-FENE (100)
RACING CLUB : 3 – PABELLÓN CF : 1 (2-0)
Os branquiverdes c aeron en Fene nun partido da xornada vinte e tres da Liga Nacional Xuvenil no que comezaron moi ben ata que ao minuto doce Álex Riveiro sufriu un forte golpe contra o valado do campo e neses momentos nos que estaba en inferioridade os departamentais anotarían o primeiro tanto.
O xogador pabellonista non puido continuar no campo sendo relevado por Bruno e obrigando a recompoñer liñas no xa de por sí diezmado equipo.
Neses minutos de recomposición o Racing incrementou a vantaxe co segundo tanto de Daniel González, chegándose ao descanso co 2-0 que campeaba no marcador.

Segundo tempo
Despois do paso por vestiarios, cun novo xogador mancado no caso de Unai e relevado por Iván, o Pabellón saiu buscando un gol que o metese no partido e conseguiuno por medio do verinense Adrián. Con moito tempo por diante a cita estivo moi aberta pero foron os ferroláns quenes estiveron máis acertador para sentenciar o choque a tres minutos do final.
Con este marcador adverso os branquiverdes acumulan sete xornadas sen gañar nas que sumaron dous puntos de vinte e un en xogo. O equipo segue fóra dos postos de descenso directo pero os rivais directos veñen pisando con forza. Esperemos que cheguen tempos mellores e que a fortuna esté nalgún momento co equipo.
Na próxima xornada será o Alondras quen visite na mañá do domingo o campo Miguel Ángel-Os Remedios.
FICHA TÉCNICA
Racing Club: Ismael, Felipe, Daniel Fernández, Diego, Hugo (Bruno, m.64), David Carballo, David López (Miranda, m. 77), Ferreira, Joel (Axel, m.77), Marcos (Lucas, m.58) e Daniel González (Castillo, m.64).
Pabellón CF: Abraham, Jorge, Unai (Iván, m.46), Bugallo, Adrián (Iker, m.87), Peke, Soriano, Samuel, Álex Riveiro (Bruno, m.12), Ander (Tiago, m.87) e Mauro.
Árbitro: Edgar Fraga Villares, asistido nas bandas por Iago De Oliveira e Teo Fernández (Comité Galego-Ferrol). Amonestaron a Ander (m.80) nos visitantes.
Goles: 1-0, m.10: Hugo. 2-0, m.17: Daniel González. 2-1, m.64: Adrián. 3-1, m.87: Castillo.