Segunda Galicia

1-0 | Revés do Senior en Trives

DOMINGO 24/03/2024 (16:30)  Campo: O AGRO (100)

CD TRIVES : 1 – PABELLÓN CF : 0 (0-0)

O equipo pabellonista non puido puntuar no campo de O Agro dentro do Grupo 2º da Segunda Galicia, despois de caer por un solitario tanto a falta de quince minutos para a finalización nun remate de Adrián. Diego dispuxo dun penalti con anterioridade (50´) que detivo o meta local.

A cita foi moi disputada e a falta de definición dos branquiverdes segue pasándolle factura ao equipo. Tal e como se desenvolveu o partido estaba claro que o equipo que se adiantase no marcador saería vitorioso e así foi.

Con este marcador adverso os de Toño Sanmartín caen á undécima posición ocupando posto de descenso. A permanencia está a a un punto a falta de seis xornadas.

A Semana Santa deixa sen partido o próximo domingo e será o 7 abril cando reciban no Miguel Ángel-Os Remedios ao Vilar de Barrio

FICHA TÉCNICA

CD Trives: Brais, Víctor (Mosquera, m.82), Santiago, Adan, Jhosua, Ismael, Eric, Ignasi, Roberto (Luis Ángel, m.67) (Alejo, m.90), Aarón e Jairo (Adrián, m.46).

Pabellón CF: Anxo, José, Mario (Guzmán, m.66), Rober, Luis, Sergio (Miguel Ángel, m.66), Aldán, Diego, Dani (Iker Gómez, m.46), Cacha e Iván (Iago, m.46).

Árbitro: Álvaro Cid Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Aarón (m.36), Adan (m.47), Adrián (m.65), Ismael (m.66) e o adestrador Adilson (m.49) nos locais. Nos visitantes viron cartón amarelo Mario (m.41), Luis (m.70), Guzmán (m.90) e Cacha (m.90)

Goles: 1-0, m.75: Adrián.