El tiempo
lunes. 29.04.2024
El tiempo

SEGUNDA GALICIA

4-1 | Derrota do Senior no campo do líder

DOMINGO 21/01/2024 (16:15)  Campo: AS CARRELAS (200)

CD VIANA : 4 – PABELLÓN CF : 1 (2-0)

O equipo vianense impúxose aos branquiverdes cun marcador claro no partido do Grupo 2º da Segunda Galicia que abría a segunda volta e que os locatarios encarrilarían na primeira metade con dous goles anotados por Javier (19`) e Pablo (39`).

No segundo tempo os de Toño Sanmartín sairon na búsqueda dun gol que os metese de cheo no partido, pero foron os locatarios quenes aproveitarían un penalti para colocar o terceiro no marcador a disparo de Iván (77`).

Tres minutos máis tarde os branquiverdes acortarían distancias, tamén dende os once metros, no lanzamento de Iván. Xa no desconto chegaría o cuarto tanto do Viana obra de Xurxo.

Con este resultado o equipo, que dos últimos quince puntos soamente sumou un, quédase con 21 puntos no posto once inmerso na ampla zona de descenso. Na próxima xornada visita Os Remedios o Taboadela.

FICHA TÉCNICA

CD Viana: Aarón, Javier, Prieto, Diego, Marcos (Xurxo, m.70), Alexandre (Héctor González, m.70), Iván, Rábano (Facundo, m.70), Javier (Enzo, m.70), Pablo (Christian, m.78) e Héctor García.

Pabellón CF: Nacho, José, Berni, Rober, Iago (Pablo, m.71), Aldán, Miguel Ángel (Sandro, m.63), Sergio, Cacha, Madrigal (Iván, m.46) e Dani (Iker Gómez, m.71).

Árbitro: Carlos Quintas Lorenzo (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Nacho (m.27) e Cacha (m.83) nos visitantes.

Goles: 1-0, m.19: Javier, 2-0, m.39: Pablo. 3-0, m.77: Iván, de penalti. 3-1, m.80: Iván, de penalti. 4-1, m.90: Xurxo.

4-1 | Derrota do Senior no campo do líder