Coñece a Liga Nacional Xuvenil 24-25
Unha vez rematadas as competicións coas fases de ascenso, e validadas polo Comité de Competición e Disciplina da RFGF, xa quedou configurado o Grupo 1º da Liga Nacional Xuvenil para a tempada 2024-2025 cos dezaoito equipos participantes.
A data de inicio da competición podería ser a do 7 e 8 de setembro. Os dous primeiros clasificados ascenderían á máxima categoría e os dous últimos, máis arrastres, descenderían á Preferente Futgal Xuvenil (antiga Liga Galega).
Dende a División de Honra caeron o CD Lugo e Coruxo FC e acceden á categoría como campións do Grupo Norte o Bertamiráns FC e o Arosa SC "B" do Grupo Sur. Procedentes das fases de ascenso en cada un deles, o Atlético Arteixo, que deu o salto dende o Norte e o CD Areosa dende o Sur.
Quedaron na categoría da pasada campaña: RC Deportivo "B", RC Celta "B", Ural Español CF, Victoria CF, Alondras CF, CD Conxo Santiago, AJ Lérez, Porriño Industrial CF, Pabellón CF, CVC Valladares, UD Ourense e Racing Club Ferrol.