El tiempo
martes. 30.04.2024
El tiempo

LIGA GALEGA CADETE

Coñece os equipos da Liga Galega Cadete Sur 23-24

O Grupo 2º da Liga Galega Cadete (Sur), na que estará o Pabellón "B", é outra das competicións que volverá a contar con dezaoito equipos nesta tempada 2023-2024 despois dos axustes que se efectuaron nela dado que a pasada campaña contaba con vinte. 

Aos catro descensos directo houbo que engadir finalmente dous máis polos arrastres, aínda que nun principio eran tres os conxuntos afectados. O salto de categoría da UD Ourense permitiu que o Alondras CF seguise na competición, que conta con seis caras novas.

Deste xeito AJ Lérez, CD Choco e Pontevedra CF caeron da División de Honra, mentres que CD Arenteiro (Ourense), CFB Poio (Pontevedra) e UD Comesaña (Vigo) ascenderon dende as súas respectivas delegacións.

Os conxuntos que repiten do pasado curso son estes: RC Celta "B", UD Santa Mariña, Arousa SC "B", ED Val Miñor "B", EFB Denis Suárez, ACD A Seca, Rápido Pereiró CF, Pabellón CF "B", ED Arousa, CP Calasancio, Porriño Industrial CF e Alondras CF.

A previsión, pendente de aprobación na Asemblea Xeral da RFGF, apunta a un ascenso directo e outro derivado da promoción entre 2º, 3º, 4º e 5º clasificado. Os descensos quedarían para os dous últimos clasificados máis os posibles arrastres que se poidan oirixinar dende a División de Honra.

Coñece os equipos da Liga Galega Cadete Sur 23-24