martes. 17.05.2022 |
El tiempo
martes. 17.05.2022
El tiempo

Comunicado PABELLÓN OURENSE C.F.

Presidente, Concelleiros e Fundación Celta de Vigo
Presidente, Concelleiros e Fundación Celta de Vigo
Reunión nas instalacións do pavillón cos concelleiros e a Fundación Celta de Vigo

Nas instalacións do pavillón de Os Remedios, o presidente do Pabellón Ourense C.F., xuntos cos concelleiros Mario Guede (deportes) e María Eugenia Díaz (asuntos sociais), reuníronse con Lidia Caride e Alex Abalde da Fundación Celta de Vigo, que presentaron o Proxecto Celta Integra, que tras 7 anos de funcionamento, forma parte da Fundación Celta de Vigo como un dos proxectos máis recoñecidos da cidade olívica.

Foron establecidas as condicións para o estudo da incorporación do proxecto CELTA INTEGRA en Ourense, sendo o Pabellón Ourense C.F., o vehículo co que levar a bo porto este proxecto co apoio incondicional dos concelleiros, Mario Guede e María Eugenia Díaz, que mostraron un gran interese por iniciar o proxecto na nosa cidade.

Agardamos que en breve sexa posible presentar na nosa cidade o proxecto CELTA INTEGRA da man da FUNDACIÓN CELTA DE VIGO.

Comunicado PABELLÓN OURENSE C.F.