Comunicado oficial_Xuvenil A
Debido á saída de Peluso, xunto a todo o seu equipo técnico, da dirección deportiva da División de Honra Xuveníl, e en sesión extraordinaria da Xunta Directiva, fixéronse os seguintes acordos para reordenar a composición técnica do División de Honra Xuveníl e División de Honra Cadete do seguinte xeito:

División de honra xuvenil:
• Adestrador: David Carnero
• Axudante: Cristhian Rguez
• P. Físico: Robert Tejero
Agardamos completar o cadro técnico co nomeamento do adestrador de porteiros, petición expresa do señor David Carnero.

División de honra Cadete:
• Adestrador: Cándido Gómez
• Axudante: Julián Riol
Por último, queremos aproveitar para agradecer a PELUSO, a súa entrega, esforzo e ilusión á hora de dirixir o equipo e todo o seu corpo técnico.
A XUNTA DIRECTIVA