O Compostela, S.D , primeiro rival do Xuvenil "A"
A RFEF deu a coñecer fai unhas semanas a composicións dos subgrupos en cada un dos sete grupo da División de Honra Xuvenil e tamén publicou o calendario de competición que arrancará este fin de semana. O Compostela, S.D será o primeiro rival.
O debut do conxunto de Perfecto Rodríguez "Peluso", será fronte ao Compostela, S.D ás 17:00 h no campo de As Cancelas. Un equipo recén ascendido a élite estatal e con moitas ganas de demostrar o bo facer do ano pasado.
Na segunda xornada, xa na casa, o Pabellón recibirá a visita do Real Racing Club de Santander SAD. Os de "Peluso" afrontarán un inicio de tempada complexa, pero con moita ilusión e esperanza.
O grupo no que participarán os nosos está formado, o igual que o ano anterior, por conxuntos galegos, asturianos e cántabros.