El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

TERCEIRA GALICIA

Pleno de triunfos na segunda volta

senior-parada
O Pabellón CF da Terceira Galicia apuntouse unha nova viroria, neste caso no campo de Os Torgas, ao superar con claridade ao Parada do Sil CF (1-4). Carlos Conde, cun hattrick, e Javi Pataco, foron os goleadores.

Os de Charli Álvarez levan un pleno de triunfos no arranque da segunda volta e afianzar a segunda praza do grupo. Os branquiverdes dominaron de principio a fin e fixeron un dos mellores partidos da tempada.

A primeira parte resolveuse con empate a un tanto despois de que os locatarios neutralizasen o tanto de Carlos Conde. Este dous goles chagrían nun espazo de dous minutos apenas transcurrido o cuarto de hora.

Na segunda metade os branquiverdes pasaron a controlar abosultamente a situación e xa no arranque chegaría o segundo de Carlos Conde, que dez minutos máis tarde completaría o seu hattrick cun terceiro gol.

O tanto de Javi Pataco para o 1-4 supuxo o peche definitivo do partido. Ficha técnica. Destacar a participación dos catro xuvenís -Dani López, Aldán, Mateo e Ron- e a boa actuación de Javi Pataco.

Na próxima xornada o equipo recibe ao CD A Bola nos Remedios, un equipo que tamén loita polo ascenso pero nestes intres a once puntos dos pabellonistas. Ver clasificación.

Pleno de triunfos na segunda volta