DEPORTE INCLUSIVO

O Celta Genuine-Ourense, segundo en Fútbol 8

A Escola Celta Genuine-Ourense rematou a súa participación na Liga Galega de F8 que organiza a Federación Galega de Deporte Adaptado na categoría Mixta, ocupando o segundo lugar na táboa clasificatoria.

Este mércores os discípulos de Juan Varela disputaron os dous últimos partidos na Cidade Deportiva A Madroa  con marcadores positivos nos enfrontamentos ante Vilagarcía (4-1) e Aspavi (7-0).

A Fundación Celta, en colaboración co Pabellón CF, puxeron en marcha este proxecto que ten a súa actividade todos os luns no campo Miguel Ángel e que a maiores participa nas competicións de fútbol e fútbol sala organizadas pola Federación Galega de Deporte Adaptado.

¡Parabéns!