Catro equipos branquiverdes nas finais copeiras

Catro conxuntos branquiverdes disputarán esta fin de semana catro finais das diferentes categorías correspondentes ás Copas Deputación Base que albergará o campo de Os Carrís en Barbadás.

Por un lado o Pabellón "C" da 1ª Galicia Cadete xogará na tarde do sábado (17 horas) contra o AD Bosco.

Os branquiverdes habían caído na eliminatoria a partido único de semifinais ante o EDC Verín na tanda de penaltis, pero unha reclamación ante o Comité de Competición resultoulle favorable.

Previamente os de Marcos Domínguez e José Ramón Giraldo eliminaran a CD A Purísima "B", CD Arenteiro "B" e EDC Celanova por ese orden.

Imaxe do partido do Cadete "C" contra o EDC Celanova

Fútbol 8

Mentres, o Pabellón Promesas da 1ª Galicia Alevín xogará o domingo (13 horas) ante o EDO Blanco Amor. Os de Antonio Parrilla e Benito Cachaldora chegan a este partido definitivo coa opción de facer dobrete e despois de superar as confrontacións anteriores ante EDC Barbadás, UD Ourense e CD Rúa.

Na final da 2ª Galicia Alevín tamén estará o Pabellón Promesas "B", que loitará polo título o domingo (12 horas) ante o CD Rúa "B". Para chegar a este partido o equipo que adestran Juan e Marcos Varela, que optarán ao dobrete, tiveron que superar a ED Calasancio "B", EDC Verín "C", CD Barco e CD A Purísima "B".

Finalmente, o Pabellón "B" da 2ª Galicia Benxamín xogará ante o EDC Verín "B" o domingo (10.30 horas). O conxunto de María Caramés e Carlos Pereira intentará conseguir o dobrete nesta cita final e despois de haber eliminado con anterioridade a Ourense CF, EDC Xinzo "B", CD Velle "B" e UD Ourense "B".