Os nosos equipos prebenxamís viviron as dúas caras da moneda na xornada da pasada fin de semana pero ambos deron un alto nivel contras os adversarios.
O Pabellón CF foi de menos a máis para acabar superando con solvencia (4-1) ao Calasancio no campo de Os Remedios. Os de Manuel Doval mandaban no marcador ao descanso (2-0) e na segunda parte marcaron distancias. Hugo, Mario, Xián e Sergio foron os goleadores dun equipo que segue na cima da táboa do Play Off da 1ª Autonómica Prebenxamín.
Estivo moi ben o Pabellón Promesas na súa cita coa EDC Verín, que estivo máis resolutiva en ataque (0-2). Ao descanso o marcador non se movera e foi na segunda parte cando os visitantes anotarían os dous tantos. O equipo é quinto clasificado neste Torneo Ourense Prebenxamín.