El tiempo
miércoles. 24.04.2024
El tiempo

ESTA TEMPADA SERÁ A NÚMERO 40 COMO ADESTRADOR

Cándido Gómez adestrará ao equipo de División de Honra Xuvenil

Cándido

Cándido Gómez será o encargado de adestrar ao equipo xuvenil de División de Honra do club na tempada 2020-2021. Terá como axudante a Rubén García.

Manuel Meiriño como Director Deportivo e Felipe Quintela como representante da directiva do club, fan a presentación de Cándido Gómez na dirección do noso equipo xuvenil “A”, que este ano participará na División de Honra despois do meritorio ascenso da tempada pasada e que contará como axudante con Rubén García.

Cándido Gómez  leva 22 anos no noso club, posee título Nivel 3 de fútbol, tamén é profesor na Escola Galega de Adestradores e xa son 40 anos como adestrador. Algún dos equipos que adestrou son: U.D. Taboadela, C.D. Velle, Polígono San Ciprián C.F., Maside F.C., Salamonde F.C., Ponte Ourense C.F. e C.D. Ourense.

Como xogador xogou no Atl. Ourense e Galaico de fútbol e no Bosco, Renfe Fútbol Sala e Frank Chicos de fútbol sala.

“Considero que son un adestrador meticuloso e traballador. Escollería tres palabras para definir o xogo dos meus equipos: equilibrio, solidaridade e intensidade”.

Cándido Gómez adestrará ao equipo de División de Honra Xuvenil