Calendarios da Preferente xuvenil, cadete e infantil
A Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer os calendarios da Preferente xuvenil, cadete e infantil, con representación branquiverde nas tres categorias.
O Xuvenil B, tras rectificar o calendario a RFGF, iniciará a competición cun derbi capitalino recibindo ao Cented Academy no Miguel Ángel, e a pechará tamén como local coa UD Barbadás, outro recén chegado. VER CALENDARIO PREFERENTE XUVENIL-G3
Mentres, o Cadete B arrincará no Miguel Ángel cun derbi provincial diante do EDC Celanova. A última cita ligueira será no Miguel Ángel co EF Denis Suárez B. VER CALENDARIO PREFERENTE CADETE-G3
Finalmente, o Infantil Promesas terá como rival no Miguel Ángel na apertura ao AD Vila do Corpus, recén ascendido. Os branquiverdes pecharán a competición na casa co Colegio Hogar. VER CALENDARIO PREFERENTE INFANTIL-G3
As tres categorías comezarán a fin de semana do 13-14 de setembro.
Infografía: @futgal.es