DH Cadete / LG cadete
.
A Real Federación Galega de Fútbol segue sacando os calendarios das competicións de fútbol base e nesta ocasións deu a coñecer os da División de Honra Cadete, na que estará o Pabellón CF, e Liga Galega Cadete, onde competirá o Pabellón "B" no Grupo 2º.
O Victoria CF da Coruña será o primeiro rival para o Cadete "A" e o EFB Poio, recén ascendido, será o contrincante do Cadete "B", en ambos casos no campo Miguel Ángel-Os Remedios. A data de inicio está marcada para a fin de semana 9 e 10 de setembro.