Cadetes e Infantil A recibiron instrucións
Na tarde deste caluroso mércores presentáronse os dous equipos Cadetes e o Infantil A, que non puideron iniciar a pretempada pola alerta climatolóxica decretada pola Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral para o Deporte.
O Cadete da División de Honra terá como adestrador a Martín Fernández, quen terá ao seu lado a Eleazar Rodríguez e Juan Medina como delegado de equipo.
Pola súa parte, David Soares, secundado por José Manuel Ucha, estarán a cargo do Cadete da Preferente Futgal e o Infantil da División de Honra será dirixido por Marcial González, que contará con Manuel Rojas como segundo adestrador e Pablo Villar como delegado de equipo.
Os tres equipos comezarán o traballo no Miguel Ángel a partir do próximo luns. As competicións teñen o inicio marcado para a fin de semana do 13 e 14 de setembro.