martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

CADETES

Os cadetes comezan a actividade

Despois do inicio dos adestramentos do conxunto da División de Honra, que comezará a competición este domingo recibindo ao Ural da Coruña, a próxima semana entrarán en escea os restantes xogadores en idade cadete da entidade.

O vindeiro martes 3 de novembro ás 16.55 horas está previsto que se poña a traballar o primeiro grupo de cadetes adestrados por Anxo Vácárcel no campo Miguel Ángel-Os Remedios.

O segundo grupo farao o martes 3 de novembro ás 17.45 e 17.55 horas no Campus Universitario ás ordes de Juan Carballo.

O terceiro grupo cadete comezará o martes 3 de novembro ás 16.25 horas no Campus Universitario de Ourense ás ordes de Benito Cahaldora.

Por último o cuarto grupo entrará en acción o mércores 4 de novembro ás 18.25 horas nos Remedios baixo a dirección de Jorge de Dios.

En todos os casos os deportistas non poderán utilizar os vestiarios e deberán cumprir os protocolos de control da temperatura e desinfección de calzado e mans para acceder á instalación. Non estará permitida a entrada a outras persoas.

Cada semana iranse incorporando as distintas categorías do club ata completar os grupos coa Escola de Iniciación. Sempre coa condición de que as autoridades sanitarias o permitan.

Os cadetes comezan a actividade