El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

Cristian Rodríguez e David Valderas, fanse cargo da dirección do equipo Senior

Cristian Rodríguez e David Valderas son os novos adestradores do equipo Senior que milita na Primeira Galicia despois da marcha de Luis Parada y Julio Casanova dada a mala situación clasificatoria. 

O equipo está situado na decimosexta praza do grupo nun posto que conleva o descenso á Segunda Galicia. Cinco xornadas consecutivas sen gañar acumula o cadro branquiverde.

Cristian "Pancho" viña desempeñando a función de segundo técnico do primeiro cadro xuvenil, labor que seguirá desenvolvendo, e tamén formaba parte do plantel do conxunto afeccionado. David Valderas era o delegado do propio equipo senior.

Os dous comenzarán a traballar co equipo dende a tarde deste luns no primeiro adestramento semanal e o domingo debutarán no banquillo no primeiro partido do ano, que pecha a primeira volta, visitando á UD Barbadás B no campo dos Carrís. Ao tempo intentarán reforzar o plantel coa chegada dalgunha nova incorporación.

 

Cristian Rodríguez e David Valderas, fanse cargo da dirección do...