Seleccións Galegas

Branquiverdes nas Galegas Sub-16 e Sub 14

Dous xogadores branquiverdes foron chamados para participar nos partidos de preparación dss Seleccións Galegas Sub-16 e Sub 14 que terán lugar este mércores no Campo do Doce na localidade de A Esclavitude-Padrón.

Os primeiros (18.45 horas) mediránse ao CD Conxo Santiago da Liga Nacional Xuvenil e os segundos (17 horas) á SD Compostela da División de Honra Cadete.

Cos conxuntos galegos están citados o cadete Matías López (Sub-16) e o infantil Teo Fernández (Sub-14), neste caso para optar a unha das prazas de Sub-13.

Os equipos galegos está en fase de construcción de cara á participación na 1ª Fase do Campionato de España que se disputará entre o 31 de outubro e o 2 de novembro en sede e rivais aínda por establecer.

VER CONVOCATORIAS E MÁIS INFORMACIÓN.

Parabéns por esta convocatoria!!!