El tiempo
jueves. 25.04.2024
El tiempo

SELECCIÓNS

Branquiverdes nas citacións das Seleccións galega e provincial

A próxima semana haberá intensa actividade para a Selección Galega Sub-12 e as de Ourense Sub-13 e Sub-11, que preparan a segunda fase do Campionato Galego Comarcal. Nove xogadores branquiverdes están convocados para os adestramentos e partidos amigables programados.

O luns 20 de marzo están citados coa Selección de Ourense Sub-13Mauro Méndez, Héctor Gallego, Arnel Campos e Aldán Limia (Infantil Promesas) para un adestramento establecido para as 19 horas no campo de O Corgo (Soutopenedo).

Aldán Limia terá dobre xornada xa que o mércores 22 está citado coa Selección Galega Sub-12 para un partido de adestramento co RC Deportivo B ás 19 horas na Cidade Deportiva de Abegondo na Coruña.

Pola súa parte, o martes 21 a Selección de Ourense Sub-11 disputará un amigable contra un equipo da EDC Celanova. Será ás 18 horas no campo de O Corgo (Soutopenedo). Os xogadores pabellonistas alevíns convocados son: Gael Rodríguez, Kevin Pérez, Jsvier Babarro, Iago Fernández e Konstantin Kruglov

 

Branquiverdes nas citacións das Seleccións galega e provincial