Seleccións
Branquiverdes coas Seleccións de Ourense para Lalín
Oito xogadores branquiverdes figuran nas convocatorias da Seleccións de Ourense Sub-13 e Sub-11 para a segunda fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais que se celebrará este luns 3 de abril en Lalín.
Os deportistas convocados na primeira delas son: Mauro Méndez, Héctor Gallego, Arnel Campos e Aldán Limia, todos eles do Pabellón Promesas da Liga Galega Infantil.
Tamén están convocados coa Selección de Ourense Sub-11 os alevíns Gael Rodríguez, Kevin Pérez, Iago Fernández e Konstantin Kruglov.