El tiempo
miércoles. 24.04.2024
El tiempo

PRIMEIRA GALICIA

Bo punto para o Senior no campo do Loñoá despois de anotar primeiro

Un punto para o Pabellón da Primeira Galicia no campo da Carabina nun partido moi disputado no que, despois dun primeiro tempo sen goles, os branquiverdes tomarían vantaxe no arranque da segunda co tanto de Numan. Os locatarios consegurían a igualada no ecuador do segundo tempo por medio de Martín. Ata o final o marcador non se moveria máis.

O técnico pabellonista Luis Parada valoraba o empate: "Un punto é un punto e máis fóra de casa nun partido disputado, trabado e igualado no que a primeira parte terminou sen goles e con poucas oportunidades". 

O adestrador explicaba que "Soubemos adiantarnos cun bo gol de Numan nos primeiros minutos da segunda parte, na que saímos mais decididos pola vitoria pero no que á media hora de con un bo golpeo do seu xogador Martín desde fóra da área atopáronse cun gol por toda a escuadra". Finalmente, Luis Parada engadía que "En resumo é un punto ante un rival que temos preto na clasificación que non deixamos distanciarnosr".

O xoves festivo haberá unha nova xornada de liga e será o Nogueira, situado na décima posición con 16 puntos, quen visite o campo dos Remedios a partir das 4 da tarde.

FICHA TÉCNICA

Loñoá CF (1): Alberto, Diego Losada (Mario, m.73), Gabriel, Pablo Álvarez, Pablo Nóvoa, Lorente, Pablo Gómez (Ferreiro, m.75) (Álvaro, m.90), Alejandro (Jorge, m.58), Diego Fernández, Víctor (David, m.34) e Martín.

Pabellón CF (1): Julián, Aldán (Rober, m.90), Iván (Álvaro, m.79), Berni, Carid (Caseiro, m.70), Mario Langa, Carracedo (Sergio, m.84), Cacha, Numan, Pancho (Pablo Langa, m.63) e Antón.

Árbitro: Queija Domínguez, asistido nas bandas por Quintana Couceiro e Iglesias Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Víctor (m.23) e Diego Fernández (m.78) nos locais e a Carid (m.31), Carracedo (m.57), Numan (m.82) e Antón (m.90)

Goles: 0-1, m.48: Numan. 1-1, m.66: Martín.

Incidencias: Partido de xornada trece da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo de A Carabina en Loñoá.

Bo punto para o Senior no campo do Loñoá despois de anotar primeiro