O Xuvenil "B" remontou tres goles ao Portonovo
Na Liga Galega Xuvenil o Pabellón CF "B" fixo a machada de remontar tres goles (4-3) ao Portonovo SD no campo dos Remedios. Ao descanso os visitantes tiñan unha clara vantaxe (0-3) nunha fase na que foron superiores aos nosos. Pintaba a cousa moi mal de cara á segunda metade, pero con algunhas variacións, traballo e moito sacrificio o equipo foi capaz de darlle a volta ao marcador con dobretes de Diego e Anxo, éste último cun gol no desconto que levou aos locatarios ao éxtasis ao culminar a remontada.
O Pabellón CF "C" da 1ª Autonómica Xuvenil debutaba na competición no Monte da Aira levándose un triunfo claro (0-7) contra o CD Velle "B". Os nosos tiveron o control do partido de principio a fin. Mael (3), Christian Gallego (3) e Mateo foron os goleadores.
Triunfo do Pabellón CF da División de Honra Cadete en terras coruñesas (1-2) a costa de superar ao San Tirso SD no campo de O Monte. A efectividade dos pabellonistas acabarí decidindo un choque moi igualado. A vitoria dos nosos chegaría nos últimos instantes cun tanto de Mauro. Ao descanso o marcador era de empate a un tanto cunha diana de Jaime para os de Abel Afonso.
Na Liga Galega Cadete o Pabellón CF "B" caía nos Remedios (1-2) contra un enrocado ED Arousa. Ao descanso os branquiverdes tiñan vantaxe mínima cun tanto de Justino e tiveron ocasións para que a renda fose maior. Na segunda parte os de Vilgarcía daríanlle a volta ao partido. Os locatarios intentarono pero non fructificaron as ocasións diante dunha muralla defensiva moi física do rival.
Sufridísima vitoria do Pabellón Promesas na 1ª Autonómica Cadete (1-0) contra un CD Rúa que gustou moito nos Remedios e que tivo tres balóns á madeira que puideron cambiar o signo do partido. O tanto de Nacho para os de Quique Serantes ao fio da media hora de xogo, acabaría sendo determinante.
O Pabellón CF da Liga Galega Infantil impúxose nos Remedios ao Pontevedra CF (2-0) con toda xustiza e cun marcador corto. Os de Rubén García dominaron de principio a fin e tiveron moitas ocasións de gol que levaron ao meta pontevedrés a convertirse no protagonista do partido. Os dous tantos chegarían na segunda parte por medio de Manu Cougil e Serawit.
Nun partido sen apenas historia, o Pabellón CF "B" da 1ª Autonómica Infantil obtivo unha ampla vitoria (10-0) contra o CD Rúa no campo dos Remedios. Hugo Ribao (3), Hugo Alcázar (3), Guzmán (2), Hugo Añel e Noguerol anotaron os tantos.
Finalmente, o Pabellón Promesas da 1ª Autonómica Infantil sumaba os tres puntos no Monte da Aira (0-2) despois de superar ao CD Velle. Ao descanso os de Carlos Amorín tiñan vantaxe mínima. David e Adan anotaron os tantos.