Os benxamís tiveron unha fin de semana aciaga
Empate do Pabellón Promesas no campo de Eiroás na ida das semifinais do Torneo Ourense Base e derrota do Promesas "B" nos Escolapios.
Nun frenético partido Santa Teresita e Pabellón Promesas firmaron táboas (4-4) no choque de ida das semifinais do Torneo Ourense Base. Ao descanso os de Gabriel Prada mandaban no marcador (1-2) e na segunda parte viviríase a fase máis emocionante nun cruce goles ata a definitiva igualada dos locatarios. Nico (2), Teo e Álex marcaron os goles. A eliminatoria decidirase nos Remedios. Na outra eliminatoria EDC Celanova 3-1 ED Promesas.
O Pabellón "B" baixou á terra nos Salesianos despois do título alcanzado fai unha semana. Nesta ocasión o Bosco "B" estivo moito máis metido no partido para asestarlle un correctivo (5-2) aos nosos, que viviron a primeira derrota no Play Off da 2ª Autonómica. Gabri fixo os dous goles dos nosos.
No Grupo A da Copa Deputación da 2ª Autonómica o Pabellón Promesas "B" caía nos Escolapios (4-1) ante o maior empuxe do Calasancio "B". O gol pabellonista foi obra de Iván. Os de José Salgado seguen segundos no grupo.