El tiempo
domingo. 28.04.2024
El tiempo

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

.

En cumprimento do que indica o artigo 21º dos Estatutos do Pabellón Ourense Club de Fútbol, a Xunta Directiva acordou convocar aos socios e socias de pleno dereito á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que se celebrará o dia 25 de Novembro de 2023, en primeira convocatoria ás 11 horas e en segunda convocatoria ás 11.30 horas, na sala do LICEO RECREO OURENSÁN na rúa VALENTÍN LAMAS CARVAJAL nº 5.

VER CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Os socios que non poidan asistir en persoa, poden delegar o seu voto noutro socio, imprimindo, enchendo e asinando o documento de delegación de voto que esta dispoñible no enlace ao final desta información, e aportando a documentación citada nel ata o 23 de novembro de 2023 como data máxima.  

Este documento entregarase por parte do socio delegante na oficina do club no campo de fútbol Miguel Ángel-Os Remedios en horario de luns a venres de 18 a 21 horas. Para calquera consulta sobre este documento pódese chamar ao teléfono 649278183.

A documentación da Asemblea Xeral Extraordinaria está a disposición dos socios, solicitando cita co club, para a súa revisión enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected] indicando o nome completo e número de socio.

VER DOCUMENTO DE DELEGACIÓN DE VOTO

 

 

.