ASEMBLEAS ORIDINARIA E EXTRAORDINARIA

Aprobadas as contas e programadas as eleccións

Este sábado celebráronse no Liceo Recreo Ourensán as Asembleas Ordinaria e Extraordinaria que se convocaran en tempo e forma. Entre socios presenciais, 42, e os que delegaron o voto, 32, o número total foi de 74.

Na primeria delas deuse conta da liquidación da tempada 2022-2023 na que houbo uns ingresos de 208.977,57 euros e uns gastos de 210.981,56 euros, deixando un déficit de 2.003,99 euros. Na votación soamente houbo 2 adbstencións e 72 votos favorables.

Tamén se someteu a aprobación o orzamento da actual tempada 2023-2024. Tanto en ingresos como en gastos estipuláronse 209.800 euros. Neste caso o quorum foi de 72 socios, con 40 presenzais e 32 co voto delegado. Na votación soamente houbo 1 abstención.

En canto á Asemblea Extraordinaria deuse conta da convocatoria de eleccións á Presidencia e o cronograma do proceso electoral que se pode ver no seguinte enlace: CRONOGRAMA ELECTORAL.