lunes. 27.09.2021 |
El tiempo
lunes. 27.09.2021
El tiempo

Solicitude de entradas para os socios do club e público en xeral

IMG_20200226_225008
O Pabellón Ourense C.F. abre o prazo para que os socios e público en xeral soliciten entradas para o partido que terá lugar este domingo no campo Miguel Ángel-Os Remedios.

Con motivo da disputa da décimo oitava xornada da División de Honra Xuvenil, entre Pabellón C.F. e E.D. Val Miñor que se disputará o próximo domingo 21 de marzo ás 12:00 horas nos Remedios, o club habilita para os seus socios un formulario (PICANDO AQUÍ) para que soliciten a entrada para acceder ao recinto deportivo. Soamente poderán optar os socios coa cota aboada da tempada 2020-2021.

O club pon á venda entradas (5 €) para o público en xeral, ata completar o aforo máximo permitido 125, previa solicitude ao correo electrónico [email protected] e posteriormente daráselles instrucións de como retirar a entrada para evitar aglomeracións no acceso ao campo de fútbol de Os Remedios.

O aforo máximo permitido é de 125 persoas de conformidade coa normativa sanitaria, e a adxudicación do pase para o partido será por rigorosa orde de entrada da solicitude.

Solicitude de entradas para os socios do club e público en xeral