Ao Senior foiselle o partido no tramo final en dous erros

O Pabellón caía no Remedios (1-2) frente ao Loñoá na última bala que lle quedaban aos pabellonistas para manterse con vida a falta de catro xornadas para o remate da Primeira Galicia-Grupo 4º.
Aínda así as cousas estaban moi complicadas despois da derrota de fai sete días diante do Cortegada tamén nos Remedios. Foron dous reveses ante rivales directo e nestes intres as matemáticas están moi en contra.
A lousa de dez xornadas consecutivas sen gañar e nas que soamente sumou tres puntos a costa de tres empates, foi un lastre moi grande que ten aos branquiverdes colistas do grupo.

O partido
Na cita deste domingo, baixo unha intensa calor, os pabellonistas fóronse ao descanso con vantaxe mínima co gol de Pablo Langa a dez minutos do final da primeira metade.
No segundo tempo os minutos fóronse consumindo cos visitantes buscando a portería de Julián e os branquiverdes tratando de defender a renda e tratar de apuntillar nalgunha acción de ataque.
Finalmente dous erros permitiron que o Loñoá lle dese a volta ao marcador nos últimos dez minutos cos goles anotados por Pichi e Pablito, dous homes que habían entrado como refresco dende o banquillo. Na próxima xornada o Pabellón visita ao Nogueira no campo de A Tella.

FICHA TÉCNICA
Pabellón CF (1): Julián, Rober (Aldán, m.81), David (Miguel Ángel, m.90), Iago Campelo, Carracedo, Sergio, Numan (Caseiro, m.66), Pablo Langa (Araújo, m.90), Samuel, Pancho (Antón, m.57) e Rafita Kun.
Loñoá CF (2): Alberto, Guntín, Diego, Llena, Antón, Lorente, Álex Estévez (Pichi, m.63), Fito (Roberto, m.68), Martín (Lama, m.90), Beto (Pablito, m.71) e Ferreiro (Choco, m.58).
Árbitro: Rodríguez Fernández, asistido nas bandas por Rodríguez García e Alonso Blanco (Comité Galego-Ourense).
Goles: 1-0, m.35: Pablo Langa. 1-1, m.80: Pichi. 1-2, m.82: Pablito.
Incidencias: Partido da xornada trinta e catro da Primeira Galicia-Grupo 4º. Campo Miguel Ángel-Os Remedios.
