sábado. 28.11.2020 |
El tiempo
sábado. 28.11.2020
El tiempo

“LEVO ADESTRANDO DENDE 1996.”

Anxo Valcárcel adestrará ao noso equipo de Liga Galega Cadete

Anxo Valcárcel será o encargado de adestrar ao noso Cadete “B” que disputará a Liga Galega no Grupo Sur.

José A. Vispo como Vicepresidente do Pabellón Promesas, Felipe Quintela como Directivo do Pabellón Club de Fútbol e Fernando J. Martínez como Presidente do Pabellón Promesas, fan a presentación de Anxo Valcárcel na dirección do noso Cadete “B”, que este ano participará na Liga Galega Grupo Sur.

Anxo Valcárcel ten Título Nacional e leva 24 anos adestrando, dos cales xa son 12 no noso club pasando por todas as categorías. Tamén adestrou en categoría xuvenil no C.D. Ourense e no Ourense C.F.

En categoría Senior adestrou a equipos de Ourense e Lugo de 1ª Galicia e en Preferente Sur e Norte. Tamén estivo un ano no estranxeiro na 2ª Divisió India no equipo Guwahati F.C.  

Como xogador estivo ata idade xuvenil no C.D. Ourense pasando ao noso club xogando en División de Honra e tamén en Preferente. Nesta categoría tamén xogou no Polígono San Ciprián e no C.D. Arenteiro. Rematando a súa carreira no Peroxa C.F. despois de varias lesións de xeonllo.

“Son da opinión de que os equipos teñen que xogar según as capacidades dos xogadores, o sistema en función destes, non o revés. Un requisito como adestrador: Como dicía Napoleón, non hai malos soldados, só hai malos oficiais, e unha frase diaria: Sempre é o primeiro día.”

Anxo Valcárcel adestrará ao noso equipo de Liga Galega Cadete