viernes. 25.09.2020 |
El tiempo
viernes. 25.09.2020
El tiempo

“LEVO 14 ANOS ADESTRANDO NESTE CLUB”

Antonio Parrilla adestrará ao equipo Benxamín “B”

Antonio Parrilla será o encargado de adestrar ao equipo Benxamín “B” na tempada 2020-2021.

Manuel Meiriño como Director Deportivo e Felipe Quintela como representante da directiva do club, fan a presentación de Antonio Parrilla na dirección do noso Benxamín “B”, que xogará en 2ª División.

Antonio Parrilla ten o Título de Monitor de fútbol. Leva adestrando 14 anos, todos eles a diferentes equipos do noso club.

Como xogador de Base pertenceu os equipos da Carballeira, Sacro-Cor, Galaico, Prado Alén e Velle.

E como xogador Senior ó Velle, A Peroxa, Amoeiro, Coles, Moreiras e Bentraces.

“Como adestrador de fútbol Base identifícome co fútbol combinativo de posesión de balón, sempre procurando na medida do posible que os equipos que adestro se divirtan practicando ese fútbol”.

Antonio Parrilla adestrará ao equipo Benxamín “B”