El tiempo
sábado. 20.04.2024
El tiempo

“LEVO ADESTRANDO 22 ANOS”

Antonio Álvarez Ensá adestrará ao equipo Benxamín “A”

Antonio

Antonio Álvarez Ensá  será o encargado de adestrar ao equipo Benxamín “A” na tempada 2020-2021.

J. Andrés Vispo como Vicepresidente do Pabellón Promesas, Felipe Quintela como directivo do Pabellón C.F. e Fernando J. Martínez Lamas como Presidente do Pabellón Promesas, fan a presentación de Antonio Álvarez Ensá na dirección do noso Benxamín “A”, que xogará en 1ª División.

Antonio Álvarez ten a Diplomatura en Educación Infantil, Primaria e Educación Física ademáis do Nivel 2 de fútbol. Comezou adestrando no Ourense C.F. fai 22 anos, onde nos últimos anos ademáis de adestrar facía as funcións de Coordinador.

Tamén foi Seleccionador Ourensán sub-12 as dúas últimas tempadas.

“Unha frase que sempre me acompaña e que sempre se verá nos meus equipos é que a educación e a formación sempre deben ir da man”.

Antonio Álvarez Ensá adestrará ao equipo Benxamín “A”