O Antela, rival na primeria eliminatoria da Copa Deputación nos Remedios
Este luns celebrouse o sorteo da XLII Copa Deputación Senior na Delegación en Ourense da Real Federación Galega de Fútbol, con sesenta e catro equipos participantes despois dunha fase previa. Todos entraron no bombo para definir os trinta e dous avos de final do torneo.
O Antela CF que milita na Preferente Galicia despois do seu ascenso ao final da pasada campaña, será o rival do Pabellón o 12 de outubro no campo Miguel Ángel-Os Remedios. A eliminatoria é a partido único.
Lembrar que o domingo (18 horas) os de Luis Parada e Julio Casanova inician a competición na Primera Galicia recibindo a visita do ACD Poligono no campo Miguel Ángel-Os Remedios.