Tres vitorias e só unha derrota
Os equipos alevís branquiverdes estiveron a gran altura na xornada da pasada fin de semana ao sumar tres vitorias e unha soa derrota nas tres confrontacións disputadas.
Na 1ª Autonómica Alevín o Pabellón CF vencía no Miraflores á UD Ourense (0-4) nun partido serio dos de Jesús Rivera diante dun rival incómodo. David, Adán, Ander e Iván foron os goleadores dun equipo que se mantén na primeira praza.
Mentres, no Torneo Ourense Alevín o Pabellón Promesas rentabilizou o gol de Hugo na segunda metade (1-0) para superar nos Remedios ao Ourense CF. Os de Juan Carballo erraron unha pena máxima. O equipo é segundo na táboa a dous puntos do líder.
Na 2ª Autonómica Alevín os nosos representantes viviron as dúas caras da moneda. Por un lado, no Play Off o Pabellón "B" fíxose cun triunfo cómodo nos Remedios (7-1) diante da ED Ourense "B". Borja (3), Amorín (2), Dosantos e Iker foron os goleadores. Os de Antonio Parrilla ocupan a primeira praza.
No Grupo 43º o Pabellón "C" nada puido facer na súa visita ao líder destacado, un Ourense CF "C" que se impuxo con holgura (8-0) aos branquiverdes.