El tiempo
jueves. 28.03.2024
El tiempo

TORNEO CONSERVAS CALVO ALEVÍN

Superou nos Remedios a un incómodo Conxo

P1990604
P1990604

O campo de Os Remedios acolleu na tarde do domingo o partido entre Pabellón CF e CD Conxo Santiago correspondente ao Torneo Conservas Calvo Alevín F-11 no que os branquiverdes fixéronse coa vitoria (2-0).

A cita estivo igualada aínda que os de Jesús Rivera leveron máis a iniciativa contra un rival ben organizado nas labores defensivas. A primeira metade despachouse sen que se movese o marcador e foi na segunda parte cando chegarían os goles. Primeiro marcaría David despois de encarar ao meta rival fente a frente e despois sería Julián quen anotaría o segundo cun disparo axustado á base dun pao.

Os pabellonistas acumulan tres triunfos noutras tantas xornadas disputadas e cabe destacar que aínda non encaixaron ningún gol. O próximo domingo repiten nos Remedios (17 horas) nunha cita que foi aprazada no seu día coa EF Lalín.

Superou nos Remedios a un incómodo Conxo