ALERTA LARANXA
.
O Pabellón Club de Fútbol comunica que, debido ás condicións meteorolóxicas adversas e ás intensas choivas previstas, queda suspendida toda a actividade deportiva federada e do programa XOGADE ao aire libre durante a xornada do luns 26 de xaneiro, no horario comprendido entre as 08:00 e as 24:00 horas.
A decisión adóptase en cumprimento da alerta laranxa decretada e ten como obxectivo garantir a seguridade dos deportistas e familias.
Desde o Pabellón CF pregamos a todos os nosos membros e seguidores que permanezades atentos ás canles oficiais do club, onde se informará de calquera novidade ou actualización ao respecto.
Grazas pola vosa comprensión e colaboración.