Selección Galega

Aldán e Xoel, ao Nacional de Vigo coa Galega Sub-14

Aldán Limia e Xoel Montecelo figuran na lista defintiva da Selección Galega Sub-14 que esta fin de semana afrontará a 1ª Fase do Campionato de España de Seleccións que terá lugar en Vigo onde se xogará o pase á Fase Ouro

O equipo que adestra Lalo Suárez, que se concentrará este venres (12 horas) no Hotel Coia de Vigo, terá como rivais a Canarias e País Vasco contra os que xogará sábado (Coia-10.30 horas) e domingo (A Madroa-10.30 horas) respectivamente.

Todos os encontros correspondentes a esta primeira fase clasificatoria do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16 masculinas serán retransmitidos en directo por streaming a través das canles oficiais da RFEF.

.