El tiempo
viernes. 29.03.2024
El tiempo

50 ANIVERSARIO

A charla-coloquio do tramuatólogo, dentro dos actos do 50 aniversario do club

O Teatro Principal da cidade acolleu este xoves unha chala-coloquio enmarcado dentro do Foro La Región do doutor Manuel Leyes Vence co tema "Tramutoloxía deportiva, do deportes base ás ligas profesionais", un evento que forma parte dos actos previstos polo 50 aniversario do Pabellón Club de Fútbol e que congregou a un bo número de interesados que escoitaron atentamente a un dos traumatólogos máis prestixiosos. A presentación correu a cargo do doutor Benito Ramos.

Polas mans de Leyes Vence pasaron deportistas de recoñecido nivel como Carlos Sáinz, Alberto Contador, Sergio Ramos, Luka Modric, Marco Asensio, Garbiñe Muguruza, Zidane e Carolina Marín entre outros e tamén traballou para clubs como os Cleveland Cavaliers da NBA ou o Cleveland Browns de fútbol americano ademáis de diferentes federacións deportivas.

Posteriormente ao acto o presidente da entidade pabellonista Francisco Doforno, acompañado polo vicepreseidente Fernando Lamas, fixéronlle entrega, tanto a Manuel Leyes Vence como a Benito Ramos, do pin de ouro do club e unha camiseta conmemorativa do 50 aniversario en agradecementos pola colaboración de ambos doutores ourensáns ofrecendo esta interesante charla-coloquio.

A charla-coloquio do tramuatólogo, dentro dos actos do 50...