El tiempo
sábado. 25.05.2024
El tiempo

ESCOLA DE INICIACIÓN

Actividades complementarias para varios grupos da Escola

Coa Escola de Iniciación ao Fútbol en marcha dende fai un par de semanas, este xoves e venres varios grupos terán unha actividade complementaria a modo de partidos amigables.

Este xoves (18.30 horas) terán unha cita no Polideportivo de Albán coa Escola do Concello de Coles e o venres (19 horas) será o turno para visitar á Escola do Concello de Celanova.

Lembrar que a activade da Escola de Iniciación do Pabellón Club de Fútbol vense desenvolvendo os luns, martes, mércores e xoves en horarios de 16.30 a 17.30 horas e de 17.30 a 18.30 horas con adestradores titulados para os diferentes grupos de idade tanto na Cancha Central do Pabellón de Os Remedios como no recinto anexo.

Para solicitar información desta actividade pódese chamar ou enviar un WhatsAPP ao 678330416 (Manu Rodríguez)

Actividades complementarias para varios grupos da Escola